Venres de ceos cubertos e precipitacións débiles

Previsión do tempo para este venres
photo_camera Previsión do tempo para este venres

O venres unha fronte fría pouco activa cruzará Galicia, de forma que os ceos estarán cubertos con precipitacións débiles, máis probables na metade norte pola mañá, e trasladaranse á provincia de Pontevedra pola tarde.

As temperaturas mínimas ascenderán e as máximas quedarán sen cambios significativos.

Os ventos soprarán ao principio de compoñente sur con intensidade moderada, pero a intensidade irá diminuíndo e a dirección volverase máis variable.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:

A Coruña 11º 13 Ferrol 11º 13, Lugo 6º 9º Ourense 6º 13º, Pontevedra 9º 13º, Santiago 9º 12º, Vigo 9º 14º

Comentarios