Villanueva: "Calquera novidade no caso de Diana Quer trasladarase ao xuíz"

A autopsia da moza non acreditou que sufrise algunha agresión sexual

Santiago Villanueva.CABALAR (Efe)
photo_camera Santiago Villanueva.CABALAR (Efe)

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, apuntou este venres en Ourense que "calquera novidade" sobre a desaparición e a morte da moza madrileña Diana Quer "trasladarase" ao xuíz para que "decida" os seguintes pasos a dar neste caso.

Así o sinalou tras ser preguntado polos resultados do Instituto Nacional de Toxicoloxía, que, segundo publicaron medios de comunicación, non puideron demostrar que a moza sufrise algunha agresión sexual.

Villanueva descartou falar sobre esta última análise realizada en Madrid, pero recordou que "no seu momento recolléronse probas" por parte da Garda Civil e realizáronse análise por parte de equipos forenses" en Galicia e "por outros laboratorios".

Para o delegado do Goberno "a partir deste momento" calquera novidade que apareza será "trasladada ao xulgado" para que sexa o xuíz encargado do caso "o que decida sobre estes datos novos".

A autopsia realizada en Galicia á moza madrileña desaparecida o 22 de agosto de 2016 na Pobra do Caramiñal (A Coruña) non "acreditaba" pero tampouco descartaba que sufrise unha agresión sexual.

Con todo, o informe forense contradicía, no entanto, a versión dun atropelo manifestada por José Enrique Abuín Gey, coñecido como 'o Chicle', que se atopa en prisión provisional tras confesar ser o autor da morte da moza. 

Comentarios