Xornada dominical anticiclónica, con subida das temperaturas máximas

As mínimas sufrirán un lixeiro descenso, xeando en zonas de interior
Previsión para este domingo
photo_camera Previsión para este domingo

O domingo Galicia quedará baixo influencia anticiclónica, polo que se espera unha mañá de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral e pola tarde nubes de evolución no interior, que poden deixar algún chuvasco puntual nas montañas.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, xeando en zonas de interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

Os ventos soprarán do nordeste en xeral, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 6º/16º, Ferrol 4º/17º, Lugo 2º/16º; Ourense 3º/21º; Pontevedra 4º/19º; Santiago 4º/16º; Vigo 7º/18º. 

Comentarios