Xornada inestable o domingo con posibles tormentas e incluso saraiba

Predicción para este domingo. METEOGALICIA
photo_camera Predicción para este domingo. METEOGALICIA

Galicia terá este domingo unha xornada marcada pola inestabilidade, con alternancia de nubes e claros e chuvascos tormentosos, máis xeneralizados pola tarde, cando poderán estar puntualmente acompañados de saraiba e aparello eléctrico, segundo a predición de Meteogalicia.

As temperaturas experimentarán un ascenso na metade norte e descenderán lixeiramente no sur. 

Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas para o domingo nas cidades: 
A Coruña 18° 27°; Ferrol 18° 29°; Lugo 15° 29°; Ourense 18° 33°; Pontevedra 18° 29°; Santiago 17° 29°;
Vigo 20° 27°. 

Comentarios