domingo. 20.06.2021 |
El tiempo
domingo. 20.06.2021
El tiempo

Este xoves aumenta a inestabilidade en Galicia

Previsión para este jueves en Galicia. METEOGALICIA
Previsión para este jueves en Galicia. METEOGALICIA
As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso

A inestabilidade atmosférica aumentará lixeiramente na xornada do xoves en Galicia, de forma que os ceos estarán pouco nubrados con nubes de tipo medio e alto pero pola tarde aumentarán as nubes de evolución no sueste que incluso poden dar lugar a chuvascos tormentosos.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios en xeral, con lixeiros descensos na franxa atlántica e moderados ascensos no norte da provincia de Lugo.

O vento soprará de compoñente sur, frouxo pola mañá, aumentando a moderado pola tarde. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 10º/19º, Ferrol 9º/20º, Lugo 6º/19º; Ourense 9º/24º; Pontevedra 11º/21º; Santiago 8º/19º; Vigo 12º/20º. 

Este xoves aumenta a inestabilidade en Galicia
Comentarios