domingo. 12.07.2020 |
El tiempo
domingo. 12.07.2020
El tiempo

Xoves de bochorno e algunhas choivas

Galicia sufrirá este xoves un aumento da inestabilidade, con aire cálido en superficie pero frío en altura. Por tanto, os ceos alternarán nubes e claros en xeral, con chuvascos de carácter tormentoso, irregularmente repartidos, máis probables e intensos no leste da comunidade, onde mesmo poden vir acompañados de saraiba. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará frouxo de compoñente sur pola mañá, cambiando a compoñente oeste á tarde. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas, con sensación de bochorno durante o día. 

Así, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 33 graos de Ourense e os 27 de Ferrol, mentres que as mínimas estarán entre os 15 graos de Lugo e os 19 de Vigo e Pontevedra. 

Xoves de bochorno e algunhas choivas
Comentarios