Un xoves de chuvascos en toda Galicia e neve a partires dos 1.000 metros

La Xunta activó la alerta por nieve en la montaña de Lugo y Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera La Xunta activó la alerta por nieve en la montaña de Lugo y Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

Galicia terá este xoves avisos de nivel amarelo por vento forte de madrugada e acumulación de neve, así como laranxa por ondas de entre cinco e sete metros. 

Após o paso da fronte que chegou a última hora do mércores, chega o aire frío polo oeste, o que achegará moita inestabilidade. Con isto, espérase unha xornada de chuvascos en toda a comunidade, que poderán estar acompañados de saraiba e aparello eléctrico. Mentres, a cota de neve situarase nos 1.000 metros durante o día, subindo aos 1.300 metros. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, o vento soprará do noroeste, forte no litoral. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios.  Deste xeito, as temperaturas máximas subirán até os 14 graos na Coruña e Ferrol, mentres que os valores mínimos descenderán até o catro graos en Lugo. 

Alertas por neve, vento e ondas
Galicia terá este xoves avisos de nivel amarelo por vento forte de madrugada e acumulación de neve, así como laranxa por ondas de entre cinco e sete metros. 

Segundo MeteoGalicia, durante este xoves espérase temporal no mar por ondas de cinco a sete metros e ventos do oeste de forza 7 no litoral norte. 

Así, o aviso amarelo por refachos de vento superiores aos 70-80 quilómetros por hora estará activado até as 3,00 horas deste xoves na Mariña e a montaña de Ourense e de Lugo. Tamén o aviso será amarelo a partir das 6.00 horas na montaña de Lugo e de Ourense por acumulación de neve de máis de cinco centímetros. 

En canto á ondada, o aviso terá nivel amarelo até as 6,00 horas no litoral da Coruña e de Pontevedra por ondas de catro a cinco metros, após o que pasará a laranxa por ondas de cinco a sete metros. 

Mentres, na Mariña luguesa o aviso será amarelo entre as 6,00 e as 12,00 horas por ondas de catro a cinco metros, após que pasará a laranxa por ondas de cinco a sete metros.  Tamén se espera vento no mar, con aviso amarelo gasta as 15,00 horas no litoral da Coruña por vento de compoñente oeste de forza 7 e entre as 6,00 e as 18,00 horas polo mesmo fenómeno meteorolóxico. 

Comentarios