O xoves debátese entre as nubes e os claros

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia vive este xoves nunha situación intermedia entre o anticiclón dos Azores e as baixas presións situadas ao norte das illas Británicas, polo que no ceo haberá alternancia de nubes e claros. Estará máis cuberto na metade norte, onde non se descarta algunha choiva débil.

Atendendo ás previsións de Meteogalicia, as temperaturas mínimas experimentarán poucos cambios, mentres que as máximas rexistrarán moderados descensos. Seguirán, con todo, notablemente por enriba dos niveis habituais para esta época do ano.

De feito, Ourense alcanzará os 22 graos e Pontevedra os 21, mentres que A Coruña quedará nos 14.