O xoves devolve a Galicia os ceos despexados

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

As previsións meteorolóxicas anuncian que Galicia recuperará este xoves a influencia das altas presións, cun ceo pouco nubrado ou despexado na metade sur. Con todo, custará un pouco máis no norte, con máis nubes pola mañá, que poden deixar choiva na Mariña. Irán a menos co avance da xornada. 

Tamén se notará a diferenza entre o norte e o sur nas temperaturas. En Lugo, por exemplo, os termómetros volveranse a mover entre os 5 e os 15 graos, mentres que Ourense pasará dunha máxima de 17 este mércores a 21 graos este xoves.