A AEMPS alerta da circulación de Durex falsos

Estes preservativos foron distribuídos sen someterse aos exames sanitario oficiais

Condones.AEP
photo_camera Condones.AEP

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) publicou na súa web unha alerta sanitaria na que advirte da distribución de preservativos falsificados da marca Durex.

A pesar de que polo momento non se localizou ningunha partida destes produtos fraudulentos en España, xa se deron casos noutros países próximos, polo que a AEMPS decidiu lanzar un aviso para que os usuarios destes produtos saiban identificar estes profilácticos que non pasaron control de calidade algún.

Os modelos afectados por esta partida enganosa son os chamados Classic, Tickle Me, Feel Thin e Extra Safe, que foron suplantados en diversos países no seu formato de tres unidades.

A versión enganosa destes produtos é reconocible porque, a pesar de que manteñen o nome do modelo en inglés, o texto adicional vén en hungaro, búlgaro, romanés e serbio, dado que os lotes teñen a Serbia como país de orixe. Nas caixas de preservativos que Durex vende en España a información vén ao completo en castelán, polo que unha caixa na que o texto do exterior veña noutro idioma que se oferte nun establecemento español debería considerarse de procendencia sospeitosa.

Ademais, nas caixas destes falsos Durex pode lerse "made un Taiwan" ou "made in china" , algo que non concuerda cos orixinais, que se fabrican no Reino Unido. 

A AEMPS recomenda non facer uso de profilácticos dos que se dubide sobre a súa orixe, dado que a súa utilización pode ser prexudicial para a saúde ao non pasar os exames sanitarios oficiais.

Comentarios