Aitana deixa de seguir a Vicente en Instagram e dispáranse os rumores de ruptura

'Aiteda' parece estar un paso máis preto de facerse realidade

Aitana. INSTAGRAM
photo_camera Aitana. INSTAGRAM

'Aiteda', o soño de moitos seguidores de em Operación Triunfo que foron testemuñas do indubidable feeling entre Aitana e Cepeda durante o concurso, parece estar un paso máis preto de facerse realidade. A exconcursante catalá deixou de seguir en Instagram a Vicente, o que ata agora era o seu noivo, o que podería significar unha crise de parella ou unha ruptura definitiva.

Con este xesto, dispáranse os rumores sobre un posible romance con Cepeda, quen en numerosas ocasións mostrou os seus sentimentos cara a Aitana.

O certo é que desde que o concurso finalizou, a catalá está moi centrada na súa carreira e as mostras de afecto cara Vicente desapareceron das súas contas en redes sociais. A artista converteuse en imaxe dunha coñecida marca de moda e estivo case un mes en Los Ángeles gravando o seu primeiro disco.

Nesta historia hai un outro detalle a ter en conta. Vicente enviou un comunicado a través da súa conta de Instagram no que anuncia que vai crear un perfil novo e que pronto pechará o que utiliza actualmente –e que Aitana deixou de seguir–.

E por se isto non fose suficiente, unha coñecida revista anunciou que pronto publicará unhas fotos de dous 'triunfitos' en actitude cariñosa. ¿Aiteda farase por fin realidade?

Comentarios