lunes. 23.11.2020 |
El tiempo
lunes. 23.11.2020
El tiempo

Amazon Prime prepara unha serie sobre a vida de Amancio Ortega

O empresario Amancio Ortega. CABALAR (EFE)
O empresario Amancio Ortega. CABALAR (EFE)
Está en fase de preproducción e basearase na biografía do dono de Inditex escrita por Covadonda O'Shea

Amazon Prime Vídeo anunciou este luns o seu próximo proxecto de ficción exclusivo, unha serie –aínda sen título– baseada na biografía de Amancio Ortega escrita por Covadonga O'Shea Así é Amancio Ortega, O home que creou Zara, que comezará a producirse en España proximamente da man de Ficción Producións.

A adaptación permanecerá fiel á biografía que, a través de conversacións co propio Amancio e membros do seu círculo máis próximo, relata o percorrido do empresario galego desde as súas orixes máis humildes ata a creación de Inditex.

A súa historia, desenvolvida en oito episodios, porá en valor a súa visión revolucionaria da industria da moda e que se converteu nun referente para España e para as escolas de negocios do mundo enteiro.

"Amancio Ortega é sen dúbida o empresario español máis recoñecido internacionalmente e unha figura clave no éxito da moda española a nivel mundial cunha historia persoal incrible", declarou Ricardo Cabornero, director de Prime Vídeo Content Spain.

"Queremos que os membros Prime descubran non só o seu arduo traballo para conseguir o seu gran éxito empresarial, senón tamén o seu lado máis humano e menos coñecido", engadiu o directivo no comunicado oficial difundido por Amazon Prime.

Producida por Ficción Producións coa participación de Radio Televisión de Galicia e de Forta, e cun guion escrito pola gañadora do Goya Ángeles Gonzalez-Sinde xunto con Marisol Ferrer, Mercedes Cruz e Daniela Fejerman, o proxecto está en fase de preproducción e ten previsto comezar a súa gravación nos próximos meses en localizacións como A Coruña, Barcelona, Nova York, París e Lisboa.

Norberto López-Amado (O tempo entre costuras, Hernán, 3Camiños) será o director desta produción.

Amazon Prime prepara unha serie sobre a vida de Amancio Ortega
Comentarios