lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Cepeda mostra como denunciar acosadores en Instagram

Cepeda, durante una actuación en Operación Triunfo. TVE
Cepeda, durante una actuación en Operación Triunfo. TVE

O exconcursante de Operación Triunfo gravou un breve tutorial sobre como proceder nestes casos

O exconcursante da última edición de Operación Triunfo Cepeda parece estar a se aclimatar ao ollo do furacán mediático. Tanto é así que este martes publicou un rápido tutorial de como denunciar a un acosador en Instagram.

Este luns o cantante ourensán publicaba en Twitter un vídeo da pantalla do seu móbil que ilustra os pasos que hai que seguir na aplicación para denunciar ataques dialécticos fóra de lugar. Ao documento acompañáballe o texto "Hoxe tráiovos un videotutorial de como denunciar parvo por IG".

O vídeo de 17 segundos. En menos de 24 horas, a mensaxe foi compartido máis de 2.100 veces e recibiu 7.500 'favoritos'.

Cepeda mostra como denunciar acosadores en Instagram
Comentarios