Concha Velasco desmente a súa despedida: "Non me vou retirar na vida"

A veterana actriz di que se interpretaron mal as súas palabras

Concha Velasco anuncia su retirada. NACHO GALLEGO
photo_camera Concha Velasco anuncia su retirada. NACHO GALLEGO

A actriz Concha Velasco desmentiu que pretenda despedirse dos escenarios coa obra El funeral, dirixida polo seu fillo Manuel M. Velasco e que estrea este venres en Valladolid. "Non me vou retirar na vida", afirmou a Europa Press durante un descanso dos ensaios da función. 

A veterana intérprete insinuara, durante a presentación da obra, que esta comedia sería o seu último traballo como actriz. El funeral é unha obra coa que eu penso que me vou a despedir", asegurara Velasco. 

Palabras que emendou horas despois. "Ou non souben dicilo ben ou non o souberon interpretar", explicaba aludindo ao seu personaxe pantasmal na obra, onde comparte escenario co actor Antonio Resines. 

Segundo Velasco, de 78 anos e máis de seis décadas de traxectoria, durante a presentación de El funeral quixo expresar que lle gustaría poder representar a obra máis aló dos dous anos previstos de inicio. "Esta función é marabillosa, e temos dous anos de xira, pero me gustaría que tivese tanto éxito como para terminar con ela o meu traballo", aclarou. 

"Chamoume ata a miña familia para preguntarme se me pasou algo", revelou a intérprete valisoletana tras a repercusión que tivera a súa suposta retirada. "Teño 78 anos, e asinei para representar esta función ata os 80, entón se cadra expóñomo", sentenciou.