miércoles. 19.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 19.02.2020
El tiempo

Dous blogues galegos, nomeados aos Premios Goya das viaxes

Eva Abal, creadora do blogue 'Una idea, un viaje'. INSTAGRAM
Eva Abal, creadora do blogue 'Una idea, un viaje'. INSTAGRAM
A II edición dos Premios IATI repartirá un total de 12.000 euros entre os gañadores repartidos en sete categorías

Os blogueiros e influencers máis importantes do país competirán esta semana por alzarse con algún dos sete galardóns dos Premios IATI, creados o pasado ano por IATI –unha das empresas pioneiras na contratación de seguros de viaxe online– e que, ante o éxito da primeira edición, buscan recoñecer novamente o mellor da comunicación dixital de viaxes.

Entre os nomeados atópanse dous blogues galegos: Molar Viajar, xestionado polo vigués Adrián Rodríguez, a súa muller, Gosia Bendrat, e os seus fillos, Daniela e Oliver; e Una idea, un viajecreado pola ourensá Eva Abal.

Gosia, Oliver, Daniela e Adrián, os protagonistas do blogue 'Mola Viaxar'. INSTAGRAM
Gosia, Oliver, Daniela e Adrián, os protagonistas do blogue 'Mola Viajar'. INSTAGRAM 
 

A gala dos premios será conducida polo popular presentador Roberto Leal e celebrarase este venres a partir das 20:30 horas no Teatro Barceló de Madrid, onde se darán cita máis de 300 profesionais da comunicación dixital de viaxes de toda España. Os blogueiros, youtubers e instagramers gañadores serán premiados cun total de 12.000 euros, 3.000 euros máis que na pasada edición, distribuídos en sete categorías.

O xurado, formado por profesionais da comunicación e a mercadotecnia dixital, seleccionou a cinco finalistas de cada categoría: Mellor blogue profesional de viaxes, Mellor blogue revelación de viaxes, Mellor canle de Youtube de viaxes, Mellor Instagram de viaxes, e un premio especial á Mellor traxectoria e valores viaxeiros; ademais, como novidade, incorporáronse as categorías de Mellor proxecto responsable –para apoiar aos blogueiros e influenciadores cun compromiso social e ambiental– e ao Mellor blogue de Portugal –un novo mercado no que IATI xa está moi presente–.

FINALISTAS DOS PREMIOS IATI 2020
Premio IATI 2020 ao Mellor blogue profesional de viaxes: El Rincón de Sele, Mochileando por el mundo, Viajeros callejeros, Viajeros 3.0 y Diario de un mentiroso.

Premio IATI 2020 ao Mellor blogue revelación de viaxes: Una ida, un viaje; Un viaje creativo; Los viajes de Ali; Viajar por Filipinas; Los viajes de Claudia.

Premio IATI 2020 ao Mellor canle de Youtube de viaxes: Enrique Alex, Guías Viajar, Oliver trip, Soy tribu y Mola viajar.

Premio IATI 2020 ao Mellor Instagram de viaxes: La mochila de Sara, Marina Comes, Kike Arnaiz, David Rocaverti y Tragaviajes.

Premio IATI 2020 ao Mellor proxecto responsable: Andurriante, Travelleating, Sumatra con Marta, Viajando nuestra vida y Boqueword.

Premio IATI 2020 ao Mellor blogue de viaxes de Portugal: Tempo de viajar, Joland, Destinos vividos, Viajar entre viagents y TravelB4Settle.

Premio IATI 2020 especial < em>Mellor traxectoria e aos valores viaxeiros, que está fóra de concurso e cuxo gañador se anunciará durante o evento.

►Todos os galardóns están dotados con 1.500 euros salvo o de Mellor blogue profesional de viaxes, que conta cun premio de 3.000 euros.

Dous blogues galegos, nomeados aos Premios Goya das viaxes
Comentarios