A filla de Terelu lánzase á arena das celebrities ao alcanzar a maioría de idade

Alejandra Rubio protagoniza a súa primeira portada nunha revista do corazón acompañada da súa nai

Portada de la revista Hola protagonizada por Alejandra Rubio, la hija de Terelu. EP
photo_camera Portada da revista protagonizada por Alejandra Rubio. EP

portada-terelu1-tAlcanzar a maioría de idade supón un gran fito na vida de calquera persoa, pero no caso dos fillos de famosos marca un punto de inflexión: a difusión da súa imaxe deixa de estar vetada pola lei e deben decidir se seguen os pasos dos seus pais converténdose nun personaxe público ou se moven ficha para preservar a súa intimidade. Alejandra Rubio, a filla de Terelu, parece telo claro e xa protagonizou a súa primeira portada dunha revista do corazón. A neta da presentadora María Teresa Campos celebra os seus 18 anos concedendo unha entrevista a ¡Hola! na que fala do seu futuro e, como non, da súa mediática familia.

Así, aclara que prevé dedicarse á moda. "A miña avoa ten gardados todos os meus deseños desde que eu era pequena", desvela a moza, que posa xunto á súa nai. 

Terelu expresara en anteriores ocasións o seu desexo de que Alejandra puidese manter o anonimato, pero parece que non vai ser o camiño elixido pola súa filla, que se estrea xa como unha nova celebrity do clan Campos.

Comentarios