Iván Ferreiro lanza o recompilatorio da canción de 'Fariña'

Polo momento, só existe en edicións dixitais, aínda que hai quen fala xa de que poida editarse nun formato físico

Iván Ferreiro
photo_camera Iván Ferreiro

Tras o éxito do libro Fariña, que cultivou numerosas edicións ata que chegou ao seu culmen de popularidade coa censura; e da posterior serie, que alcanzou uns importantes índices de audiencia e incluso de expón o lanzamento dunha segunda tempada; chega o momento do boom musical da saga ou, o que é o mesmo, da súa canción de cabeceira, o soado "o que teño que facer para non ter que ir ao mar".

Iván Ferreiro, coautor da peza xunto ao seu irmán Amaro, lanzou na lista Fariña Misturas, que inclúe as diferentes versións do tema interpretan diversos artistas. Agora queda esperar a se chega a consumarse o lanzamento dunha edición física do recompilatorio.

Comentarios