Miriam, de 'OT', escribirá unha canción para 'Vis a vis'

A galega, seguidora da serie, aceptou a proposta de FOX España

Miriam, tras recibir el veredicto del jurado. TVE
photo_camera Miriam. TVE

A eumesa Miriam Rodríguez, terceira finalista da última edición de Operación triunfo, escribirá unha canción para a serie de televisión Vis a vis, da que é unha gran seguidora. 

Fox Expaña —cadea que comprou a ficción— contactou coa cantante a través de Twitter e esta aceptou o "reto". "Oe, Miriam, vimos que es fan de Vis a vis. ¿Anímaste a escribirnos unha canción inspirada na serie?, publicou a cadea. Petición á que a galega contestou co seu clásico "yass": "Ola!!! Yaasss!! Pois claro!! Acepto o reto. Xa sabedes que me flipa a serie!! Mil gracias".

"Pois falamos pronto, leoa. Parece que #MiriamAVisAVis é real!!!", publicou Fox España minutos máis tarde.

A noticia desatou unha onda de mensaxes de apoio a Miriam nas redes sociais. O hashtag #MiriamAVisAVis converteuse en trending topic e incluso o actor que encarna a Paquita Salas, Brays Efe, ou Najwa Nimri, actriz de Vis a vis, se sumaron á petición de FOX.

Deste xeito, Miriam embárcase nun proxecto televisivo, do mesmo xeito que fixo a súa compañeira da exitosa edición de OT Ana Guerra, que interpretou o tema da nova serie de TVE Fugitiva.

Comentarios