Josema Yuste: "Pablo Iglesias parece sucio, que non se duchou en tres días"

O humorista, metade de Martes e Trece, tamén eloxiou a Albert Rivera: "Encántame"

Josema Yuste. LA SEXTA
photo_camera Josema Yuste. LA SEXTA

"Non ten vis cómica, non. Ten un rictus de coleguita dos 60, un pouquiño rancio, fisicamente falando. A coletilla, o queixo, o aspecto que ten é como sucio, que non se duchou en tres días". Estas palabras, que este domingo se converteron en virais nas redes sociais, pronunciounas o humorista Josema Yuste no programa La Sexta Noche en referencia a Pablo Iglesias.

Preguntado polo sentido de humor dos políticos, entre os que destacou o de Mariano Rajoy, o que fora membro dos míticos Martes e Trece meteuse nun pequeno labirinto ao referirse ao líder de Podemos. Despois, iso si, matizou, aínda que tamén con ironía: "Igual se ducha todos os días; espero que no seu gran chalé teña boas duchas para ducharse".

Finalmente, e despois de que lle puxesen un vídeo do tamén cómico Felisuco, deputado de Ciudadanos, Yuste fíxolle unha pequena chiscadela ao partido de Albert Rivera. "Como me alegro de que estea onde está. Ten todo o meu apoio. A min Albert Rivera encántame", confesou.

Comentarios