Achan mortos a un home e unha muller no seu domicilio de Murcia

Os cadáveres presentan signos de ser golpeados cun obxecto contundente

Os corpos sen vida dun home e unha muller foron achados este martes no seu domicilio de Las Torres de Cotillas con signos de violencia, feito que está a ser investigado pola Garda Civil, a cuxo cuartel acudiu un familiar para denunciar o ocorrido.

Segundo informou a Efe un portavoz deste corpo, os cadáveres presentan signos de ser golpeados cun obxecto contundente e polo momento descoñécense máis detalles desta investigación.

Aínda que non transcendeu a identidade dos falecidos, podería tratarse dunha nai e do seu fillo que residen no centro urbano desta localidade situada a uns dez quilómetros de Murcia capital.

Un axente do cuartel da Benemérita das Torres dixo a Efe que foi un familiar dos falecidos quen acudiu a estas dependencias a comunicar que atopara os cadáveres, ambos de nacionalidade española.

Comentarios