martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

Aparece un raposo colgado dunha árbore xunto a un colexio de Santiago

O corpo do raposo, na árbore.CRTVG
O corpo do raposo, na árbore.CRTVG
Os cazadores frecuentan as inmediacións do Peleteiro, en Catiñeiriño

O corpo dun raposo, con aspecto de levar varios días morto, apareceu colgado dunha árbore xunto a un camiño próximo ao aparcadoiro o colexio Peleteiro, na zona compostelá do Castiñeiriño.

Segundo recolle a TVG, foi unha veciña do barrio quen deu o aviso á Garda Civil da presenza do cadáver logo de atoparllo cando paseaba cos seus cans. No entanto, á mañá seguinte os restos do animal seguían no mesmo lugar.

Esta veciña, citou en declaracións á TVG que na zona frecuentan cazadores e que incluso se escoitan disparos á hora que os pais acoden ao colexio a recoller aos seus fillos.

Aparece un raposo colgado dunha árbore xunto a un colexio de Santiago