Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

Catro accidentes rexistrados na A-55 sáldanse con sete persoas feridas

Este xoves rexistráronse dous sinistros no Porriño, unha colisión múltiple en Mos e un choque en Vigo

Sete persoas resultaron feridas en catro accidentes de tráfico rexistrados na tarde deste xoves en diferentes puntos da A-55.

O primeiro deles foi no Porriño, ás 14.17 horas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un turismo bateu contra unha sinal de tráfico no punto quilométrico 15 da A-55 e, uns instantes despois produciuse, no mesmo punto, outro sinistro que afectou aos dous sentidos da circulación. Neste caso, foron dous os coches que colidiron na autovía e, debido ao impacto, o valo rematou no chan, na dirección oposta á que viaxaban os turismos accidentados. Houbo dous feridos.

COLISIÓN MÚLTIPLE EN MOS. Uns minutos máis tarde, ás 14:55 horas, tiña lugar unha colisión múltiple na que se viron implicados catro turismos, tamén na A-55, ao seu paso polo termo municipal de Mos. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o sinistro saldouse con catro persoas feridas, que foron trasladadas a un centro hospitalario.

Neste caso, o accidente ocorreu na saída 13 da A-55, no enlace coa A-52. A causa desta colisión múltiple, producíronse importantes retencións na autovía.

Un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro. Acto seguido, o persoal do CIAE informaba do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros do Baixo Miño.

ACCIDENTE EN VIGO. Ademais, o 112 Galicia tivo constancia doutro accidente de tráfico rexistrado na A-55, ás 15:15 horas, en Vigo. Segundo puido saber o 112 Galicia, un turismo colidiu contra outro coche que se atopaba parado no punto quilométrico 6 da autovía, sentido O Porriño. Por mor do impacto, unha muller resultou ferida.

Nada máis recibir o aviso, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Vigo.

Catro accidentes rexistrados na A-55 sáldanse con sete persoas feridas