domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Un ciclista resulta ferido grave tras ser atropelado por unha furgoneta en Cuntis

La bicicleta de la víctima del atropello de Cuntis SE
La bicicleta de la víctima del atropello de Cuntis. SE

Un ciclista resultou ferido grave nun accidente de tráfico no que tamén se viu implicado un turismo. Os feitos ocorreron na N-640 á altura do lugar da Anllada, ás 09.00 horas da mañá. Ao parecer, unha furgoneta o tería atropelado.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ao fío das 9:30 horas para dar conta do sucedido.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilagarcía e do GES da Estrada.

Finalmente, os servizos sanitarios evacuaron o ciclista ao Hospital Clínico de Santiago.

Un ciclista resulta ferido grave tras ser atropelado por unha...