domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Un detido e intervido un furgón con 10 quilos de cocaína na A-52 en San Cibrao das Viñas

Na comarca ourensá a Garda Civil de Tráfico, nun control rutinario, interceptou un vehículo con 10 paquetes de cocaína cun valor de 2.300.000 millóns de euros

A Guardia Civil de Ourense, no marco dun operativo de control para o esclarecemento de roubos ocorridos na provincia, cando realizaba un servizo preventivo de seguridade interceptou un furgón no que había dez paquetes de cocaína. 

Segundo informou o Instituto Armado, o control levouse a cabo no quilómetro 217 da autovía A-52 ao seu paso por San Cibrao das Viñas (Ourense). Os axentes, após observar como o condutor "mostraba nerviosismo", realizou unha inspección do vehículo e localizou unha mochila que contiña 10 paquetes de cocaína, cun peso de 10 quilogramos. 

Segundo sinalaron as mesmas fontes, trátase "dunha importante incautación" porque "desa cocaína cortaríanse 100.000 doses, que en valor actual no mercado alcanzarían os 2.300.000 euros", destaca a Benemérita. 

Após realizar a incautación foi detido J.M.P.C., de 41 anos de idade e veciño de Madrid, como presunto autor dun delito contra o tráfico de drogas, que pasará nas próximas horas a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense

Un detido e intervido un furgón con 10 quilos de cocaína na A-52 en...