miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Detido por presuntos abusos sexuais en Viveiro a unha veciña de Vigo

Comisaría de Viveiro. AMA
Comisaría de Viveiro. AMA
O home era compañeiro de piso dunha amiga da moza ► A denunciante e outra amiga dela poderían ser sancionadas por incumprir varias medidas de distanciamento

Axentes da Policía Nacional de Viveiro detiveron este pasado luns e puxeron a disposición xudicial a un home por ser o suposto autor de abusos sexuais sobre unha moza de Vigo.

A moza desprazouse o domingo cunha amiga, tamén veciña de Vigo, ata cidade do Landro para atoparse con dous amigos de similar idade. No piso destes pasaron a noite do domingo ceando e tomando unhas copas. Posteriormente, xa na madrugada do luns, a vítima espertouse cando un terceiro habitante do piso, de maior idade que os seus compañeiros e as mozas, estaba a abusar sexualmente dela.

Tras dar aviso á comisaría, os axentes acudíronse no lugar dos feitos e procederon á súa detención.

Así mesmo, a Policía Nacional deu conta destes feitos á autoridade sanitaria  para que avalíe o posible incumprimento do decreto da Xunta para evitar a propagación do covid que prohibe a entrada a Viveiro a veciños de fóra da localidade e que tamén restrinxe as reunións entre non convivientes, dado que neste caso xuntáronse na mesma vivenda tres persoas convivientes con dúas non convivientes.

Detido por presuntos abusos sexuais en Viveiro a unha veciña de Vigo