Dous menores feridos en senllos atropelos en Vigo e A Coruña

Ambos foron asistidos polos servizos sanitarios

Dous menores de idade foron atropelados nas últimas horas en Vigo e A Coruña e foron asistidos polos servizos sanitarios de urxencia, informaron fontes do 112 Galicia.

O atropelo máis recente produciuse ás 8.00 horas na Travesía de Vigo cando unha menor foi arroiada por un turismo. Ata o lugar desprazouse un equipo do 061, ademais dunha patrulla da Policía Local.

Mentres, na Coruña outro menor, neste caso un neno, foi alcanzado por un turismo na rúa Ángel Senra ao redor das 20.00 horas deste mércores.

O menor permaneceu en todo momento consciente e foi atendido polos servizos sanitarios de urxencia.