Dous traballadores resultan feridos en sendos accidentes en Caldas e Trasmiras

Un deles caeu desde unha estada e outro desde un guindastre situado a catro metros de altura ► Recibiron asistencia médica

Un traballador resultou ferido este xoves en Caldas de Reis. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 11.00 horas na parroquia de Hío.

O operario caeu dunha estada e o golpe produciulle diversas lesións, segundo indicaron as mesas fontes de emerxencias, polo que tivo que ser atendido por un equipo do 061.

Tamén este xoves en Trasmiras, Ourense, se mancou outro traballador tras caer dun guindastre situado a catro metros de altura. Aínda que estaba consciente, os profesionais sanitarios optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Nen embargantes, o ferido foise recuperando e puido ser trasladado en ambulancia.