Evacuada en helicóptero unha persoa tras envorcar co seu vehículo en Vedra

O accidente ocorreu pasados dez minutos das 20:00 horas do venres

Vehículo envorcado en Vedra. TWITTER (@helicosantiago)
photo_camera Vehículo envorcado en Vedra. TWITTER (@helicosantiago)

Unha persoa resultou ferida grave logo de envorcar co seu vehículo na localidade coruñesa de Vedra polo que tivo que ser evacuada en helicóptero.

O accidente ocorreu pasados dez minutos das 20:00 horas do venres, cando o vehículo circulaba á altura de Trobe, pola AC-241, ao redor do punto quilométrico 9.500. Foi a esa hora, cando un particular alertou ao 112 dun coche envorcado e, posiblemente, unha persoa atrapada no seu interior.

Con estes datos, o 112 Galicia pasou aviso enseguida ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ordes e á Garda Civil de Tráfico.

Ademais, puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, do GES da Estrada, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do persoal do servizo de mantemento da vía.

Debido á gravidade do paciente, foi necesario que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se desprazase ata o lugar, que tras tomar terra no lugar dos feitos, trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios