Falece un condutor en Poio tras impactar contra o muro dunha casa

O falecido, de 62 anos, podería sufrir unha indisposición ao volante

Un home de 62 anos faleceu na tarde deste sábado mentres conducía un vehículo que finalizou impactando contra o muro dunha casa, na localidade pontevedresa de Poio. Segundo informou o servizo de urxencias do 112-Galicia, o accidente ocorreu na rúa Pereiro de Arriba, ás 13.20 horas. 

Foi un particular o que contactou co 112-Galicia para alertar do sinistro, indicando que a persoa que viaxaba no turismo accidentado podería ter sufrido unha indisposición ao volante, polo que acabou chocando co seu vehículo contra o valado da vivenda. Foron notificados o 061-Urxencias Sanitarias, a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e os bombeiros de Pontevedra, pero non puideron facer nada por salvar a vida da persoa que manexaba o turismo.