Falece un operario nun cemiterio de Santiago tras caerlle unha lápida na cabeza

A vítima mortal tiña 61 anos de idade

Un operario faleceu na mañá deste luns despois de caerlle unha lápida encima da cabeza mentres traballaba no cemiterio de Carballal, en Santiago de Compostela. 

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse uns minutos antes do mediodía deste luns na Igrexa de Carballal, na parroquia compostelá de Sabugueira. 

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 deu o aviso dos feitos e enviou ao lugar unha ambulancia asistencial e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. 

Fontes sanitarias sinalaron que o persoal sanitario confirmou o falecemento no lugar do operario, J.L.C.A., de 61 anos de idade. 

Pola súa banda, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso aos voluntarios de Protección Civil, así como aos axentes da Policía Nacional co fin de coñecer as circunstancias do sucedido.