Falece un xubilado tras caer ao mar no peirao de Ribeira

Practicáronselle manobras de reanimación para tentar salvar a súa vida pero todos os intentos foron en balde

Un home xubilado faleceu tras caer ao mar cando realizada labores de mantemento nun barco no peirao do municipio coruñés de Ribeira. 

Fontes próxima ao caso apuntaron que se baralla a posibilidade de que puidese sufrir un infarto ou de escorregar antes de precipitarse á auga, de onde foi rescatado por uns veciños. 

O 112 indicou que foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como unha ambulancia, Policía Local, Protección Civil, Policía Nacional e a Autoridade Portuaria.  

Aínda que lle practicaron manobras de reanimación no lugar ao home, confirmouse o seu falecemento uns minutos antes das 14,00 horas.