Ferido en Cambre ao queimarse coa gasolina dunha motoserra e caer desde cinco metros

O traballador estaba a cortar unhas tullas cando sufriu o accidente

Un operario tivo que ser evacuado tras queimarse con gasolina e caer desde unha altura de cinco metros en Cambre.

O home cortaba unhas tullas cunha motoserra e tras queimarse coa gasolina da máquina coa que traballaba caeu ao chan desde unha altura de cinco metros, informou o 112.

O home que sufriu queimaduras no pescozo e no cóbado tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña polo persoal do 061.

Os feitos ocorreron sobre as doce do mediodía no lugar de Volteiro, na parroquia de Cecebre.