Identificada unha nai de Cangas por beber coa súa filla menor, que estaba case en coma etílico

A muller estaba nun bar de Vigo, tamén xunto a outra menor

A Garda Civil investiga a unha veciña de Cangas por un suposto delito de abandono de familia tras ser identificada o pasado 1 de novembro nun bar bebendo en compañía de dous menores, unha delas, de 14 anos, filla súa.

A Garda Civil acudiu ao establecemento tras ser advertida de que no interior había menores consumindo bebidas alcohólicas.

Unha patrulla acudiuse no bar e pediu unha ambulancia para poder trasladar á filla da muller ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, xa que presentaba síntomas dun posible coma etílico.

Os axentes chamaron tamén á familia da outra menor, de 16 anos, que presentaba síntomas de consumir alcol.

A muller tamén tiña signos de embriaguez, polo que non se lle entregou á súa filla en custodia cando acudiu a por ela ao hospital, xa que seguía con síntomas de estar ebria, segundo explica o instituto armado nun comunicado.

O dono do establecemento tamén foi denunciado por unha infracción administrativa ao dar alcol a menores e exponse a unha sanción económica de entre 3.000 e 15.000 euros.

Comentarios