martes. 23.07.2019 |
El tiempo
martes. 23.07.2019
El tiempo

Liberan a un operario cunha man atrapada nunha máquina industrial en Silleda

Ambulancia. EP
Ambulancia. EP

Os feitos ocorreron no lugar de Freixeiro ► O traballador foi atendido polos servizos sanitarios

Un operario resultou ferido esta tarde en Silleda cando manipulaba unha máquina industrial na que se lle quedou unha man atrapada. Os feitos ocorreron no lugar de Freixeiro, ao fío das 18.00 horas.

Foi a esa hora cando unha persoa particular alertou do ocorrido ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron  a intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros do Deza, da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez no lugar do accidente laboral, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Silleda liberaron a man atrapada do traballador para que fose atendido polos efectivos sanitarios.

Liberan a un operario cunha man atrapada nunha máquina industrial...
Comentarios