lunes. 22.07.2019 |
El tiempo
lunes. 22.07.2019
El tiempo

Morre ao chocar o seu coche contra un camión en Sarria

O punto do accidente que se cobraba unha vida en Sarria. EP
O punto do accidente que se cobraba unha vida en Sarria. EP

Sucedeu á altura do Oural ►O condutor, un home de mediana idade, perdeu a vida no acto ►O sinistro xerou cortes de tráfico
 

Un home e único ocupante dun turismo perdeu a vida esta tarde nun choque no que se viron implicados o coche no que circulaba e un camión. Ocorreu na CG-2.2, á altura do Oural.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, debido ao accidente, foi necesario cortar o tráfico na vía en ambos os dous sentidos da circulación e desviar os vehículos pola saída do Oural.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 18:25 horas, momento en que unha persoa particular alertaba do sinistro ao CIAE 112 Galicia.

Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención dos servizos médicos do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento da vía.

Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Morre ao chocar o seu coche contra un camión en Sarria