Morre un motorista nunha saída de vía en Rianxo

A persoa que viaxaba con el resultou gravemente ferida

Un motorista faleceu e outro resultou gravemente ferido nunha saída de vía en Rianxo, segundo informou o 112 Galicia a través da súa conta de Twitter.

Os servizos sanitarios desprazaron un helicóptero medicalizado ata o punto, aínda que nada puideron facer por salvarlle a vida á vítima.