jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Morre un traballador de 20 anos ao caerse dun tellado en Bergondo

A uralita non soportou o peso do mozo e veuse abaixo

Un mozo duns 20 anos perdeu a vida esta tarde logo de caer do tellado dunha nave industrial situada no Polígono de Lubre, en Bergondo.

Ocorreu ás 16:30 horas deste martes, cando a vítima limpaba un canlón do tellado. Segundo explicaron os efectivos de urxencias, a causa máis probable do accidente é que a uralita cedese.

Ao chegar o equipo médico só puido certificar o seu falecemento. No entanto, o particular que alertou ao Ciae 112 Galicia pediu axuda urxente para un traballador que se precipitou do alto dun tellado e atopábase gravemente ferido.

O 112 avisou aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade, así como aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvar a vida do operario.

Morre un traballador de 20 anos ao caerse dun tellado en Bergondo