viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

WhatsApp borra desde este luns todos os chats non almacenados en Google Drive

WhatsApp elimina los chats de sus usuarios.EP
WhatsApp elimina los chats de sus usuarios.EP

A medida execútase un mes despois do aviso da compañía e só afectará a usuarios de Android

O popular programa de mensaxería instantánea WhatsApp aplica a partir deste luns o seu novo sistema de almacenamento de copias de seguridade, seguindo o acordo subscrito con Google que foi anunciado o pasado mes de agosto.

Este acordo permite que os usuarios garden unha copia dos seus datos utilizando a ferramenta Google Drive sen limitación de espazo e coa posibilidade de poder transferila logo entre os seus distintos dispositivos Android.

Desta forma será máis fácil gardar os chats e trasladalos, por exemplo, a un novo teléfono intelixente cando o usuario cambie de móbil.

Todas as mensaxes, así como os arquivos multimedia, que non executen a copia de seguridade correspondente a través de Drive, serán eliminados definitivamente pola compañía, aínda que cada dispositivo pode gardar tamén, se está configurado para iso, unha copia local en formato de arquivo.

Os usuarios de Android poden actualizar a súa copia, sempre que dispoñan dunha conta persoal de Google, a través do menú de axustes, picando no apartado de copia de seguridade e indicando alí ademais a frecuencia coa que desexa gardala en Drive.

No que respecta aos usuarios de iPhone, a compañía ten xa un acordo con Apple que permite aos seus clientes almacenar o contido dos seus chats a través do servizo iCloud.

WhatsApp é a aplicación máis popular do mundo, xa que se calcula que conta con preto de 1.500 millóns de usuarios. 

WhatsApp borra desde este luns todos os chats non almacenados en...