sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

'Adeus, moi boas', o adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo

O primeiro ministro Boris Johnson. ANDY RAIN (EFE)
O primeiro ministro Boris Johnson. ANDY RAIN (EFE)
O Reino Unido marcha de Europa conducido por Boris Johnson. Ian McEwan e Jonathan Coe veñen de publicar senllas novelas sobre o Brexit, que comenta Javier Nogueira. Manuel Forcadela explica en nome de quen falan os poetas en Fábula das aves, que nos trae Ramón Rozas. Antonio Costa Gómez revela que  Dick Conderoga, o escritor que imaxinou as galaxias máis fabulosas era un xornalista de Ourense, Julio Gimeno. Nicolás Carreira Pena eleva a serie State of the Union á desputa entre Reino Unido e Europa e ao encontro entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. Portorosa prefire os bos finais, por iso aposta polos Reis Magos en detrimento de Papá Nöel. Jaureguizar volve montar en bicicleta co poemario As bicis de Xabier Cid.

'Adeus, moi boas', o adianto dos contidos do Táboa Redonda deste...
Comentarios