martes. 09.03.2021 |
El tiempo
martes. 09.03.2021
El tiempo

Adianto do Táboa Redonda deste domingo: 'Xenial e cruel'

táboa
Grial Parga percorre a carreira de Alfred Hichcock, finado hai corenta anos, a través das crises na súa carreira. Javier Nogueira parte dun ensaio de Peio H. Riaño sobre a presenza feminina no Museo del Prado para preguntarse polos criterios para que unhas obras se amosen e outras queden nos almacéns dos centros expositivos. Manuel Gago define como ‘filtro apocalíptico’ a gravidade coa que tratamos asuntos como o patrimonio, a lingua ou a literatura de Galicia. Ramón Rozas conta a delongada e dramática publicación de Poeta en Nueva York hai 80 anos. Nicolás Carreira comenta a serie Devs, que cuestiona o que acontecería se coñecésemos o noso futuro. Jaureguizar trata de averiguar a verdade sobre o pato á moda de Ribadeo.

Adianto do Táboa Redonda deste domingo: 'Xenial e cruel'
Comentarios