Adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo: 'Rock no combate'

Táboa Redonda
Lois Pérez escribe sobre The Clash, a banda que cambiou os canons do rock hai catro décadas co seu disco London Calling. Nicolás Carreira Pena descúbrenos a cantante M.I.A., quen poñía unha radio para poder durmir no medio de combates en Sri Lanka. Portorosa apunta que todas as árbores teñen sombra e que cada unha é diferente. Grial Parga comenta a curiosa participación do experto en cinema Román Gubern nunha selección de peliculas recomendadas polo Vaticano en función dos valores que transmiten. Manuel Gago revive a épica de Troia nunha inmensa exposición aberta nestes meses no Museo Británico. Jaureguizar trata de recuperar a fe pura da infancia coa pintura de Urbano Lugrís.

Más en Táboa Redonda