viernes. 23.10.2020 |
El tiempo
viernes. 23.10.2020
El tiempo

Adianto dos temas do Táboa Redonda deste domingo: 'No futuro'

Táboa Redonda
Táboa Redonda
Camilo Franco recorda a Ray Bradbury, o narrador que se sentía tan desencantado do presente que inventou un futuro de ciencia ficción. Javier Nogueira sitúa causas ecolóxicas entre as que provocan pandemias tras unha lectura de Sonia Shah. Portorosa valora a temperatura da auga como indicador das diferenzas culturais. Ramón Rozas saúda a recuperación de O valo de Manselle, o poemario de Anxo Angueira, por Apiario. Nicolás Carreira reivindica o cineasta Charlie Kaufman, que fai películas de amor, familia, tempo e individuo ao seu xeito. Jaureguizar pensaba escribir sobre Isaac Díaz Pardo, pero foi disuadido por uns amigos mentres xantaban na ría de Muros e Noia.

Adianto dos temas do Táboa Redonda deste domingo: 'No futuro'
Comentarios