O COMUNISMO de vello tiña uns valores e unhas conviccións sólidas, o baunismo do chapapote é outra cousa. En España os comunistas executaron un labor eficaz contra a ditadura, sendo o principal ariete para derrubala. Non deron rematado co xeneral superlativo, que tivo unha morte entubada para que chegase ao 20 de novembro en coindiciencia co fusilamento de José Antonio. A Sacrosanta Transición foi unha operación delicada para evitar un xuÃzo democrático a numerosos cadros do réxime que, parvos non eran, aceptaron legalizar o PCE a cambio de aforrarse o cárcere.
O curioso do Partido Comunista é que, tras conseguir domesticar aqueles ultraseñores, foi incapaz de deixar de ser un animal noturno e clandestino para dominar o bosque da liberdade. O seu funcionamento mantÃvose discreto e taimado, o propio dunha organización perseguida. A militancia conservaba a unidade por unha disciplina rÃxida e por unha desconfianza cara ao externo. Hai un silencio longo despois de cada batalla. No caso dos 39 anos de guerra librada polo comunismo español foi rendibilizado pola parte socialista da familia marxista.
Non sei que pensará Constantino Bértolo destas especulacións. Hai ben tempo que non falamos. Debe ir para tres anos que camiñei canda el entre o castelo de Navia de Suarna e un caneiro das aforas. Foi un membro moi activo no Partido Comunista durante a mudanza de pel dos anos 70. Volvo ter noticias de Tino de Féliz porque me manda O gran poema, que vén de publicarlle Chan de Pólvora. Esa casa fai unhas edicións tan bonitas que lle provocan a un ganas de escribir poesÃa para mandala á consideración de Antón Lopo.
Pero quen se atreve a ser poeta en Galicia? Son tantos e tan bos! Pode ousar quen lera unicamente a Lope de Vega: "Galicia, nunca fértil de poetas/ más sà de casas nobles/ ilustres capitanes y letrados..." Mesmo pode compararse en estatura lÃrica quen lese a Justo Cid: "El mundo está caducante, prevaricada la gente/ las virtudes en menguante/ y los vicios en creciente". Justo era garda civil no cuartel da Merca. O oficio explica a esixencia moral dos versos. Igualado a el sÃnteste alto poeta, mesmo descalzo, ata que vén Constantino de Féliz e escrÃbeche que "o rÃo ha de seguir sendo leito gravidade auga que/ pesa escorrega e cae no mar que é a eternidade ‘toujours recomencé’". Pensas nesa eternidade que está recomenzando todo o tempo e apagas a aplicación do móbil que che mide os versos. Daquela decides que podes evitar a profundidade e anotar unhas metáforas, pero les en O gran poema que "o inferno está cheo de poetas da experiencia", que foron eses señores da Transición que o mesmo exaltaban a Manuel Machado que a un simbolista menor.
Abriu a dentadura como se lle fosen meter un paraugas e pediu ao sacerdote que lle mirase no ceo da boca
Xan da Coba non necesitaba experiencias para escribir poesÃa. O escritor ourensán revelou a orixe da súa lirica ao cura que lle deu a extrema unción en novembro de 1899. Xan estaba deitado e pálido coma unha saba, administrando as súas últimas ganas de vivir. Abriu a dentadura como se lle fosen meter un paraugas e pediu ao sacerdote que lle mirase no ceo da boca.
—Non o ve?
O relixioso mirou o padal. O alento facÃalle entrepechar os ollos.
—Que teño que ver, Xan?
—O anxo que me dicta os poemas. Vive na miña boca. Como vou morrer quero levalo conmigo, padre.
—Se me guÃo polo cheiro xurarÃa que o anxo xa morreu.
Como excusaba de dedicar tempo a compoñer versos, que lle nacÃan dictados, frescos e espilidos, Xan da Coba puido dedicarse a inventar un idioma, o trampitán, que era un esperanto con base na fala de Ourense, e o pirandárgallo, que consistÃa nun paraugas con dimensións planetarias porque «bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea».
Constatino Bérotolo, Tino de Féliz, sabe que a vida empeza cun despregarse polo mundo e remata cun repregamento no rÃo bautismal onde nos mollaron a cabeza ao nacer. "Somos de onde vimos non tanto de a onde imos somos un aquén que permanece polos séculos dos séculos amén".
A figura máis peculiar do noso carlismo foi Emilia Pardo Bazán. Creu nesa fe cando era nova
Celso Emilio tamén era esquerdista. Estaba en Celanova e atopou un home que coñecera de neno. Regresara de México, onde marchara pobre e volvera cun reloxo de ouro resgardado no chaleco. Daquela en Celanova bebÃase por metros. Ti pedÃas «medio metro» na barra e o taberneiro Ãa servindo unha taza tras outra ata cubrir a medida. Cando xa levaban varios metros, o emigrante presumiu de que era carlista.
—Eu tamén —confesou o poeta.
O retornado celebrouno pedindo un metro máis de ribeiro para cada un. Celso Emilio acabou por non poder aguantar a risa e confesoulle:
—Penso que ti es carlista de Carlos Hugo e eu, de Carlos Marx.
A figura máis peculiar do noso carlismo foi Emilia Pardo Bazán. Creu nesa fe cando era nova. O historiador Xosé A. Fraga presentaba a escritora nun recente artigo en La Opinión como clasista. PoñÃa como exemplo o entusiasmo da coruñesa polos campesiños que vira en Rusia, "labriegos puros que amaban ao tsar, ao padrecito, no contaminados por la civilización occidental importada del corrompido Occidente".
A dona Emilia non a incomodou que Zola morrese, pero si que o fisexe afogado por unha mala combustión. Escribe a Blanca de los RÃos: "La muerte de Zola ha sido bien insÃpida. ¡Mire usted que calentarse con carbón mineral, la cosa más dañina, un escritor, abogado del progreso, de la higiene, un naturalista!". Para Fraga tampouco era unha feminista entregada: "Juana de Vega mostraba sobre las sinuosidades del labio superior algo que pasaba de bozo, y que sombreaba una boca seria y descolorida. Y doña Concepción Arenal poseÃa las formas rectas y angulosas de un muchacho que ha crecido pronto. Las dos presentaban un aspecto viril". Por opinións como estas pide que a escritora coruñesa non sexa considerada "faro de igualdade", como pretende a Xunta colocando unha lámpada feminista en Meirás.
No fondo o debate trata sobre a dimensión que se lle dá a Franco na recuperación do pazo: se as torres se tratan con rigor histórico ou se se amosan como o sitio de recreo dunha condesa.
O catedrático de Literatura José MarÃa Paz Gago saltou tachar parágrafos completos do artigo de Xosé A. Fraga no mesmo diario. Nega que Pardo Bazán fose clasista e alega que era supremacista indoeuropea coa mesma intensidade que o eran progresistas como Galdós ou ClarÃn. O escritor ovetense era, a maiores, un supremacista masculino. Chegou a afirmar que as novelas de dona Emilia eran obra dun pensamento masculino escritas por un corpo feminino. Máis lonxe foi MurguÃa cando asegurou que Pardo Bazán, "como hembra, reúne todas las condiciones que perdieron a la madre Eva". Paz Gago entende soportar estas humillacións —"a vida é unha longa paciencia", escribe Bértolo— fanna merecedora da dignidade de "faro de iguladade". No fondo o debate trata sobre a dimensión que se lle dá a Franco na recuperación do pazo: se as torres se tratan con rigor histórico ou se se amosan como o sitio de recreo dunha condesa.
Como opina Tino de Féliz, sempre luminoso, "Deus está morto, pero quédanos o rÃo". Calquera dÃa convoco a Bértolo no caneiro extremo de Navia de Suarna e nos botamos a camiñar pola beira que non acaba nunca. Pedirei que me fale dos usos das árbores que atopemos no camiño, das "tileiras de folla pequena para os catarros xenebreiros", das "abelairas para paus de espadas", dos chopos baixo os que bicou por primeira vez. Chegaremos á outra Navia, á Navia de Asturias, onde o rÃo inesgotable se entrega ao Cantábrico para que a súa eternidade volva comezar. No porto buscaremos mimosas como as que el pousou "para enterrar aos pais".