Extremadamente

Extremoduro é unha banda de rock íntimo e furioso, que nunca cedeu na súa concepción extrema. Marta Veiga repasa a súa traxectoria co gallo polo seu cese de actividade, adiado pola pandemia. Ramón Rozas adéntrase na cuarta dimensión co novo poemario de Carlos Lema. Portorosa lembra unha festa de Santo Antonio remota celebrada nun lugar cercano, onde naceu o pai. Javi Nogueira resalta o xeito no que o ensaio ‘Contaxio’ de David Quammen advertira dunha peste por contaxio de animal a humano. Nicolás Carreira sentiu desacougo vendo os debuxos de The midnight gospel, unha serie para adultos na que ningunha estrutura social deixa de ser cuestionada. Jaureguizar lembra o día en que Lugris pegou a Laxeiro.

Más en Táboa Redonda
Comentarios