Materia de peso

Táboa Redonda
photo_camera Táboa Redonda

Manuel de Lorenzo dedica unha segunda reportaxe a explicar o que debería ser fácil de comprender e aínda non fomos quen: a gravidade.

Lois Pérez explica a difícil peripecia de ser Boris Vian nunha mañá de domingo.

Juan Tallón reflexiona que as peores mortes son as que nos poñen diante a nosa.

Portorosa escribe sobre persoas con nostalxia de estampita infantil.

Antonio Costa Gómez enxalza a Firmin, a rata lectora de Sam Savage na súa loita contra as brigadas de demolición.

Manuel Gago descóbrenos a Len Deighton, escritor británico de novelas de espías, libros de cociña, editor de viaxes en Playboy e divulgador histórico.

Jaureguizar sométese ao terror de visitar a casa do novelista Stephen King en Maine.

Más en Táboa Redonda
Comentarios