lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

Adianto do Táboa Redonda: O emperador

TÁBOA

Nicolás Carreira fala de Pierre Cardin, o deseñador que levou a roupa á Muralla Chinesa, á Praza Vermella de Moscova e mesmo á Lúa. Javier Nogueira comenta unha biografía de André Breton, que gobernaba o movemento surrealista cunha autoridade papal. Lois Pérez lembra os veráns compartidos na Mariña co director de cine Álvaro Gago co gallo do éxito deste no festival de Sundance. Ramón Rozas voa con Os paxaros, o poemario de Daniel Salgado. Portorosa entende que todos temos o dereito a sentirnos desgrazados independentemente das nosas circunstancias. Jaureguizar chamou a Manuel Jabois para falaren sobre a súa segunda novela, Miss Marte, e falaron de todo menos dela.

Adianto do Táboa Redonda: O emperador
Comentarios