Arquivan a causa do crime de Chapela ao falecer o culpable

O home matou á súa muller e suicidouse ao facer explotar unha bombona nun caso de violencia machista, segundo a investigación

Casa del suceso de Chapela. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Casa del suceso de Chapela. SALVADOR SAS (EFE)

O xulgado de instrución número dous de Redondela, nun auto ditado o 3 de abril, acordou o sobresemento e arquivo das actuacións abertas a raíz do falecemento de dúas persoas tras unha explosión nun piso de Chapela.

Tras as dilixencias levadas a cabo, confírmase a hipótese de que foi o home quen provocou a explosión nun caso de violencia machista, sen que aparezan indicios da participación dunha terceira persoa.

Ao falecer o presunto auto dos feitos, declárase o sobresemento libre.