Condenado a 11 anos de cárcere millonario que intentou matar a súa muller en Vigo

O tribunal considera que a intención home era "matala" e era "capaz" diso
Carlos Inácio Pinto, durante un xuízo anterior. SALVADOR SAS
photo_camera Carlos Inácio Pinto, durante un xuízo anterior. SALVADOR SAS

A Audiencia de Pontevedra condenou a once anos e catro meses de cárcere a Carlos Inácio Pinto, o millonario portugués que intentou asasinar á súa esposa en maio de 2016 nun hotel de Vigo golpeándoa reiteradamente cunha maza.

O tribunal considera probado pretendía acabar coa vida da vítima ao atacala "por sorpresa e por detrás" cando estaba "desprevida" no baño da habitación.

"O seu intención era matala, non simplemente causarlle lesións", subliñan os xuíces na sentenza, na que argumentan que o condenado utilizou un instrumento "capaz de causarlle a morte" ao ter un "peso importante" e que dirixiu o seu ataque, que aseguran que foi "reiterado", a unha zona vital do corpo como é a cabeza.

Ademais, os maxistrados indican que se trata dun caso de  "aleivosía súbita", pois a vítima non podía defenderse pola relación de confianza que existía co acusado e as circunstancias nas que se produciu o ataque, ao estar "a se botar crema e de costas ao seu marido".

O tribunal tivo en conta á hora de ditar a pena o agravante de parentesco e tamén lle impuxo ao acusado a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante 18 anos, que recibirá ademais unha indemnización de 22.000 euros.

Este xuízo tivo que ser repetido logo de ser anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tras estimar o recurso do avogado do empresario portugués cuestionando a imparcialidade das maxistradas que o axuizaron.
O acusado alegou entón que as maxistradas ratificaran ata en dúas ocasións a súa situación de prisión provisional.

Comentarios