El blog de María Varela
El blog de María Varela
Una de las participantes en la concentración de protesta contra la sentencia de La Manada en Pontevedra. DAVID FREIRE

No es no

ENTRE LA ESTACIÓN de tren de Urzaiz y la de Guixar, en Vigo, hay un kilómetro de distancia, una bajada hacia el Puerto que los taxis unen a tumba abierta cuando se trata de que el viajero no pierda una conexión, y un 'after' del que con el día amanecido siguen entrando y saliendo zombis, cuenta el taxista. En los menos de cinco minutos que dura el trayecto, confiesa...
Espectáculo de títeres. GUILLE LÓPEZ

Os titiriteiros

ESCOLLÍA UNHA esquina céntrica e recollida da cidade que estaba a percorrer, acomodaba o seu violín no ombreiro e, coa cariña branca deitada sobre a caixa de música e catro cabelos rebeldes descolgándoselle pola fronte, empezaba a agarimar as cordas. O ollar no infindo, a dozura nos dedos, o arco nas notas. Conforme te ías achegando ó centro podías escoitar ese pranto...
Unos cofrades durante la Procesión del Santo Entierro. EFE

La vida en pausa

HAY MOMENTOS en los que parece que la vida quisiera detenerse. Esos instantes trascendentales hacia los que se lanzan en algún momento todas las vidas, como mariposas a la luz. Las voces alrededor suenan como si sumerges la cabeza y la hipoteca en un baño de agua a 38 grados. La realidad queda suspendida en el aire. Los segundos desaceleran y hasta puedes llegar...
Participantes na manifestación que o pasado sábado percorreu as rúas de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os avós

COMA UN domingo calquera de inverno, o día 18 de marzo levantouse coas primeiras luces do día. A voz amiga da radio da mañá acompáñaa sempre, mentres se vai incorporando en corpo e alma na cama con movementos delicados e lentos. Os anos pésanlle nos ombros e tamén nos xeonllos, pero non no alento, que a deixa diante do espello coa axuda de dúas muletas e esa ilusión por...
Concentración en Almería tralo asasinato do pequeno Gabriel. CARLOS BARBA (EFE)

Unha ventá con reixas

ANXO, QUE non se chama Anxo, colaborou durante algún tempo nun penal deste país. Impartía, canda outros voluntarios coma el, distintos obradoiros nos que ofrecía ós reclusos do módulo de reinserción información útil para o momento de saír á rúa. Fiel defensor da arte como ferramenta para construír persoas, engadía algunhas actividades da súa colleita ó programa, e...
Participantes nunha marcha en Palma de Mallorca en apoio ao rapeiro Valtonyc. CATI CLADERA (EFE)

Romper o silencio

CANDO OS programas de televisión que recompilan anaquiños de chumbo dun tempo en tecnicolor resultan moito máis transgresores que calquera dos que se emiten en prime time neste século XXI da bigdata e a afouteza é que algo estamos a facer mal. Cando cubrimos as palabras con xerseis de la de pescozo cisne, cando reinventamos o horizonte na...
Imaxe dun contacontos de Bea Campos nunha libraría. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Moito conto coa lingua

ONTE ESPERTEI pensando que teño que cortarlle o flequillo  á miña pequena de tres anos. Decateime onte, cando unha amiga e máis eu fomos ler uns contos ós nenos ó colexio -por vontade propia e con tanta ilusión como inxenuidade-, de que levaba o cabelo como unha cortina espesa agochando os pensamentos, e formando...
Dúas amigas fan fotos na neve. EFE

Historia de amizade

CHEGA UN momento no que aprendes a calcular canto pesa unha amizade. Descobres esa lealdade infinda que proclamaban os tres mosqueteiros ó brandir as súas espadas; que empuxa a dúas mulleres tan distintas como Thelma e Louise a buscar volante en man lanzarse á fin do mundo; ou que estraño pegamento é o que une as vidas de...
Rapaces e rapazas nunha clase. DAVID FREIRE

"No nos metamos en eso"

O PASADO Nadal circulaba polas redes unha mensaxe con vocación viral que recollía recomendacións absurdas para as reunións familiares de Noiteboa cos temas que era mellor non poñer na mesa coas centolas para vivir as festas en paz. Canda Cataluña, que coroaba a lista, o fútbol e o feminismo presentábanse como os...
Niños jugando al fútbol. EFE

Silencio, nenos xogando

HAI UNS anos dous amigos apaixonados do fútbol metéronse a adestradores dun equipo de nenos da comarca. Seica porque se recoñecían na ilusión daqueles charabiscas de perniñas áxiles que bulían campo arriba e abaixo detrás dun balón, seica porque un día eles tiveran un entrenador que lles fixera...

Sofá, caderno e boli

NON é doado atopar un recuncho tranquilo para ler ou escribir na casa nunha fin de semana de inverno fría e morriñenta cando tes nenos pequenos pululando polo cuarto como sombras apegadiñas a ti, pedíndoche que xogues con eles, que lles leas uns contos ou que mires para as súas últimas fazañas. Así que dous...

Neve trala ventá

ESTABAMOS TAN alporizados pola trampa na que se converteu unha autoestrada de peaxe nun día de intensa nevarada que case esquecemos o marabillosa que pode ser a neve. Máis aínda se chega nos días de Nadal. A carraxe dos que quedaron atrapados entre o xeo e o asfalto, de madrugada, a temperaturas inferiores ós cinco graos baixo cero,...

Soidades

NUNCA FUN de escribir un diario. Intenteino centos de veces, pensando que algún día serei unha anciana con moi mala memoria á que lle encantaría revivir os días de mocidade, a experiencia de ser nai, as viaxes e, en xeral, os episodios da vida máis emocionantes, confesables ou non, moito tempo despois, nas horas da vellez, pero eu...
Una de las manifestaciones celebradas el pasado 25-N. PEPE TORRES (EFE)

O ano que dixemos "Basta!"

"TEMOS AVANZADO, pero aínda queda moito por percorrer" é a frase que máis veces se repite cando un xornalista se detén a preguntar a unha muller polo camiño cara a igualdade. Malia que ultimamente as enquisas entre os máis novos nos devolven vinte pasos cara atrás. Malia os contos de princesas. Porén, cando...
Una escena navideña.TATYANA ZENKOVICH (Efe)

Un menú de Nadal

O NADAL da miña nenez é unha mestura de sabores. Unha lembranza adobada con allo e perexil e algún ingrediente secreto que só a madriña da miña nai coñecía e co que ligaba devagariño unha salsa deliciosa que esparexía o seu arrecendo por todos os recunchos da casa na mañá de Noiteboa e...
Un oso polar xoga na neve. EFE

Os exploradores

O VERÁN pasado, o meu fillo Daniel, que aínda non cumprira os cinco anos, propuxo que foramos ó Brasil de vacacións. Ocorréuselle a feliz idea logo de desenvolver no colexio un proxecto sobre a selva amazónica. A súa idea era a de tocar aquelas árbores altísimas de follas enormes e corpos tan grosos que non hai...
Grand Place de Bruxelas. DP

A bela vella Europa

AO FINAL da Rúe de la Colline, entre larpeiradas de chocolate e luceciñas de nadal, emerxe, rexia, a Grand Place de Bruxelas. Vieiros adoquinados da nosa Historia, adornados con luces que emulan as grandes lámpadas dos salóns de época, desembocan na considerada por Víctor Hugo como a praza máis fermosa do mundo enteiro....
2017112818071092805

O aparcadoiro

DEIXARA O coche nun deses aparcadoiros subterráneos labirínticos do centro. Coas presas, nin mirei o número da praza. Saín a fume de carozo, atravesei dúas portas, subín e baixei escaleiras e crucei dous corredores e cando quixen desandar o camiño na procura do paraugas que esquecera no maleteiro xa non fun capaz....
LadyBird

LadyBird

LA PRIMERA vez que la vi, estrenando un nuevo año, me fijé en su altura. En sus piernas interminables y aquella sonrisa contagiosa de labios rojos que esgrimía cada vez que hablaba con su gracejo de cordobesa y esa dulzura de azahar que enseguida nos atrapó. Me llamó la atención su zapato derecho, con una plataforma de varios...