Camilo Franco

Mesmos acertos, mesmos erros, mesma recadación

Assassin's Creed Odyssey marcha a antiga Grecia para repetir erros e acertos de Origins, que tiña como espazo o Exipto da última época ptolemaica. Cambia a paisaxe, cambia o mapa, pero a mecánica de xogo é a mesma. A historia de conquista e liberación volve quedar curta

German Coppini

Cancións para o interior da fábrica

Non acertar facendo versións de Golpes Bajos non é novidade. Xa lle pasou a Germán Coppini. Iván Ferreiro repasa en Cena recalentada a discografía dese grupo singular, breve e -esta vez si, inimitable- que lle deu vida culta ao pop español

.

A 'Commedia' segue aquí

O enredo é o xénero da contemporaneidade. Nin o posdrama, nin a perfomance, nin o que quedase da traxedia agónica ou o que reste das comedias elegantes entre a simpleza do humor televisivo. O enredo é o xénero da actualidade. Se é para ben, acaba en comedia. Se é para mal, acaba en drama. Se hai másters polo medio, acaba en esperpento

En políticas culturais existen dous modelos principais, facelas ou non facelas. EP

Unha cultura con pés de loto

O concepto de reserva india, o de bonsai, o da reprodución a escala e mesmo o das cabezas reducidas dos xíbaros responden ao vello esquema de que o tamaño importa e que para que algo sexa importante debe ser grande. No caso das culturas, o tamaño non é a cantidade que se produce senón a cantidade de xente que a utiliza.
 

Bonanza

A ala oeste de San Caetano

Osama Bin Laden e mais eu, cando moi nenos, viamos as mesmas series de televisión. Bonanza e Furia. Había ranchos e cabalos nas dúas. Aventuras familiares nun país que non era nin o del nin o meu

Ringo Starr

Ringo Starr, o batería melódico

Sucede con frecuencia que detrás de tres músicos hai un batería. O batería que estaba detrás de Lennon, McCartney e Harrison era Ringo Starr. Un home tranquilo, de humor popular e que segue explicando a estas alturas da súa vida que o importante das cancións é a melodía.

Biblioteca

Resurrección cultural á francesa

O Ministerio de Cultura está de volta. Pero o ministro non convence. A idea afrancesada de que a cultura sexa ministrable decepcionou ao mundo cultural polo desentendemento entre o que parece cultura e o que debe ser

Call of duty_2

Habitar na ficción

Quizais o curioso non sexa a nosa relación coa ficción dos videoxogos, senón a relación coa realidade: coa súa brutalidade e coa súa virtualidade. O asunto parece ser que precisamos unhas ficcións que sexan o máis realistas posibles

Teatro2

Fracasos do Centro Dramático Galego

Pasa cada vez con máis frecuencia que a cultura galega só parece ser mausoleo ou resignación. E non o digo só por como unha cultura necesitada de mans se desfai con tanta soltura de xente con experiencia como Manuel Bragado. Dígoo pola enésima lea do Centro Dramático Galego e o trasfondo ao que responde. Temos unha cultura simbólica e parece que temos que resignarnos aos símbolos.
 

Valle Inclán en Telecinco

A televisión debe ser o campo de batalla ideal da contemporaneidade. Parece máis real que a realidade. Pero é xusto o contrario. A televisión é o grande espazo público e cando máis tentamos disimular máis quedamos retratados.

Kant era humorista

Temos esquecida a filosofía. Temos esquecidas as ideas excepto as que necesitan os emprendedores para encher papeis sobre negocios audaces. Temos esquecido o humor e isto tiña que ser un chiste, pero necesita de tempo para levedar.

Side Show.

Sensibilidade polo civil

A xente é forte para ferir, feble para ser ferida. Danlle voltas e acusan ou indígnanse. Poden pasar meses acusando a Carlos Santiago sen telo escoitado primeiro e o curioso de todo é que se consideren atacados, pero non recoñezan o que fan como outro ataque. Un ataque desproporcionado para un asunto de facer humor sobre segundo que argumentos

Lurpias e noivas

Lurpias e noivas

Andan as clásicas soltas por Lugo. Andan soltas as obras sen precisar dos engolamentos que se lle supoñen e abandonando esa retórica bonita que en algún tempo foi considerada como identidade inescusable dos clásicos. Helena e Dulcinea andan xuntas sen revoltarse. As dúas coa súa condición de mulleres que foron escritas por homes

"Os clásicos non poden volver porque nunca marchan"

É un clásico? Déame unha entrada

UNHA DAS conversas favoritas da xente que vai ao teatro, cando acaba a función, é falar do público. Primeiro fálase un pouco da obra, pero se foi moi mala ou moi boa, a conversa esgótase. Mentres os espectadores volven á realidade, a conversa enreda avaliando se son moitos ou poucos. Nunha desas conversas, o responsable dun teatro...